Juan Carlos Escotet recibe o premio ao empresario do ano da Aegama

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid recoñece a súa contribución a través da creación de emprego, riqueza e benestar 

Escotet recibe o premio Victoriano Reinoso de mans do presidente da Aegama. EP
photo_camera Escotet recibe o premio Victoriano Reinoso de mans do presidente da Aegama. EP

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet Rodríguez, recibiu este martes o Premio Victoriano Reinoso ao Empresario do Ano, que concede a Asociación de Empresarios Galegos en Madrid. A entrega da distinción tivo lugar no transcurso dun evento que reuniu a máis de 250 invitados, sobre todo empresarios de orixe galega, aínda que tamén personalidades doutros ámbitos profesionais e institucionais. 

O Premio Victoriano Reinoso ao Empresario do Ano desta asociación, galardón que este ano cumpre a súa décimo terceira edición, recoñece a contribución a través da creación de emprego, riqueza e benestar que desde a presidencia de Abanca Juan Carlos Escotet Rodríguez realizou no ámbito do emprendemento. 

A asociación de empresarios galegos destaca o seu papel para "consolidar unha institución bancaria galega e facer dela un instrumento próximo e eficaz de apoio a todos os empresarios galegos, que é o mesmo que dicir toda Galicia". 

Comentarios