Inditex sitúase entre as empresas sistémicas españolas máis exitosas

Só é superada por Caixabank, Telefónica e El Corte Inglés
Tienda de Zara. EP
photo_camera Tenda de Zara. EP

Fundación La Caixa-CaixaBank, Telefónica e El Corte Inglés son as tres empresas sistémicas para a economía española máis exitosas do país, ao conseguir unha puntuación de 8,8 puntos, 8,6 e 8, respectivamente, sobre unha escala de 10. Séguelles o grupo galego Inditex, cunha nota de 7,8. Así se desprende do último estudo que elabora semestralmente a consultora Advice Strategic Consultants a partir dunha enquisa realizada entre os meses de xullo e outubro a 2.500 persoas, 2.400 pemes e autónomos, 1.000 líderes de opinión e 400 organismos públicos, con metodoloxía do CIS e do INE.

Trátase dunha análise que mide o grao de xestión empresarial das grandes compañías españolas, xunto co liderado dos seus presidentes, neste caso de Isidre Fainé, en La Caixa; Gonzalo Gortázar, en CaixaBank; José María Álvarez-Pallete, en Telefónica, e Marta Álvarez, Víctor del Pozo e Jesús Nuño de la Rosa, en El Corte Inglés, así como a súa reputación e responsabilidade social corporativa. Ente o resto de parámetros que destacan os enquisados para a elección destas empresas atópanse a contribución económica a España, a dixitalización, a xeración de emprego, a innovación, o trato aos clientes, a calidade dos produtos e servizos que ofrecen, a presenza internacional ou a relación con accionistas e empregados.

Por baixo sitúanse Inditex, cunha nota de 7,8 puntos, Mercadona (7,7), Banco Santander (7,6), Iberdrola (7,6), Cellnex (7,6), Mapfre (7,5) e Iberia (7), que pecha o 'Top 10' de empresas sistémicas máis exitosas do país. Entre o resto de sectores, destaca Abertis (adquirida por Atlantia e ACS) en construción, Meliá en turismo, Danone en alimentación, Seat en automóbiles e Gestamp en compoñentes do automóbil.

Comentarios