Facenda devolve 252 millóns de euros a 430.000 contribuíntes en Galicia

A Axencia Tributaria devolveu 252 millóns de euros a máis de 430.000 contribuíntes en Galicia na campaña da renda de 2019, que arrincou o pasado 1 de abril e que terminará o próximo 30 de xuño, informa a Delegación do Goberno en Galicia.

O delegado do Goberno, Javier Losada, supervisou este mércores pola mañá o inicio da atención presencial xunto á delegada especial da Axencia Tributaria na Comunidade, Imelda Capote, onde felicitou ao persoal polo traballo para superar as cantidades devoltas a estas alturas do ano pasado. "Xa hai máis 617.000 persoas que solicitaron a súa devolución. E xa se pagaron 430.000 declaracións", subliñou Losada, que estimou en 252 millóns de euros a cantidade abonada.

Ademais, avanzou que a Axencia Tributaria en Galicia xa concertou máis de 96.000 citas, nas que suma as de confección de declaracións presenciais e telefónicas. A día de hoxe, a Axencia Tributaria en Galicia suma 847.000 declaracións correspondentes á campaña da Renda 2019, aínda que o delegado do Goberno recordou que aínda é posible pedir cita previa, ata final de mes, a través de internet, da aplicación da Axencia ou de teléfono.

Comentarios