jueves. 28.05.2020 |
El tiempo
jueves. 28.05.2020
El tiempo

Hijos de Rivera reserva 500.000 metros cadrados de solo en Arteixo para expandirse

Rivera, xunto a Feijóo a Vázquez, no acto. EFE
Rivera, xunto a Feijóo a Vázquez, no acto. EFE

O presidente da Xunta asegura que é unha aposta da compañía por quedar "en casa" 

A compañía galega Hijos de Rivera reservou case medio millón de metros cadrados de solo no polígono industrial de Morás, en Arteixo, para consolidar a súa estratexia de expansión e incrementar a fabricación de cervexa no futuro.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu este mércores a firma do protocolo de actuacións para a posible implementación da empresa no parque empresarial, co conselleiro delegado da compañía, Ignacio Rivera. Ao acto de firma, celebrado na Delegación da Xunta na Coruña, tamén asistiron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo.

"É un día histórico" para Hijos de Rivera, subliñou o seu conselleiro delegado, Ignacio Rivera, que apuntou que o obxectivo desta reserva de solo é que dea á compañía "viabilidade e futuro", pois produciu 309 millóns de litros de cervexa en 2018, un 11% máis que un ano antes e un 192% máis nos últimos nove anos, e aspira a mellorar cifras de facturación e vendas.  

"Isto non quere dicir que nos vaiamos mañá a Arteixo", matizou, aludindo aos investimentos na súa planta do polígono da Grela, na Coruña. 

Os requisitos cos que debía contar a parcela eran que estivese en Galicia; que fose unha reserva de terreo "importante" en metros, case 500.000, a metade da superficie deste polígono, e que a auga fose de calidade e que a houbese en cantidade.

Ignacio Rivera explica que a compañía desenvolveu unha expansión "moi acelerada" nos últimos anos e que triplicou resultados nos últimos dez, polo que esta reserva de chan permite "consolidar" a súa estratexia e ademais na súa terra.

O presidente da Xunta considerou que este acto de firma, logo de varios meses de traballo, ten un "enorme simbolismo" e transcendencia para Galicia, porque Hijos de Rivera toma a decisión "estratéxica" de apostar polo futuro a longo prazo para consolidar, revalidar e "quedar en casa".

Hijos de Rivera é unha "compañía internacional pero con raíces", ese é "o grande éxito de Estrella Galicia", subliña o xefe do Executivo autonómico, que considera que "nun mundo global ter raíces é un valor engadido". 

O alcalde de Arteixo asegurou que esta aposta supón un dos investimentos "máis importantes da historia de Arteixo" que pode xerar case 400 novos postos de traballo, detallou, pois unha nova fábrica de Estrella Galicia nesta localidade coruñesa suporía melloras en servizos e infraestruturas para os seus veciños.

Hijos de Rivera reserva 500.000 metros cadrados de solo en Arteixo...
comentarios