O fundador de Blusens rexorde das súas cinzas

José Ramón García volve triunfar no mundo dixital e dos negocios con Visualiza

José Ramón García.
photo_camera José Ramón García.

O fundador de Blusens, José Ramón García, renace no mundo dos negocios tras a caída da tecnolóxica galega e entre as frontes xudiciais por presuntos delitos de organización criminal e contra a propiedade intelectual, e faino cun grupo empresarial, Visualiza Business S.L., en pleno crecemento. 

Moi ligado ao mundo dixital, este holding fundado a finais de 2013 multiplicou o ano pasado os seus resultados con 1,2 millóns en vendas e un beneficio de 985.000 euros, segundo Economía Digital.

Comentarios