viernes. 13.12.2019 |
El tiempo
viernes. 13.12.2019
El tiempo

Galicia creou o 12,5% das empresas 'biotech' nacidas en España o pasado ano

Persoas que forman a xunta directiva de Bioga. CEDIDA
Persoas que forman a xunta directiva de Bioga. CEDIDA
A comunidade galega foi lugar de crecemento de cinco destas firmas en 2018

Galicia creou o 12,5% das empresas biotech que naceron en España en 2018 e sitúase como terceira comunidade autónoma no ranking, segundo o cluster tecnolóxico empresarial das ciencias da vida (Bioga).

Nunha nota de prensa, Bioga destaca que a comunidade galega acolle o 5,19% das empresas españolas cuxa dedicación principal é a biotecnoloxía, segundo o informe Asebio 2018.

As firmas biotech de Galicia rexistran un incremento na facturación media anual do 14,8%, fronte a unha media de crecemento do 9% en España.

"Galicia conta xa cun ecosistema biotech propio e propicio para o nacemento e desenvolvemento de novos proxectos empresariais vinculados ao sector das ciencias da vida", resalta o cluster.

EMPRESAS. Cinco foron as firmas dedicadas á biotecnoloxía creadas en territorio galego durante o pasado ano. Delas, catro fixaron a súa sede na provincia da Coruña e o restante fíxoo en Lugo.

Trátanse de Icoda Innovación, Nanogap Therapeutics, Phycosem Marine Agronomy e Seaslab (A Coruña) e AMS Biopharma Laboratory (Lugo).

BAIXO COÑECEMENTO. Por outra banda, a compañía Amgen advirte noutro comunicado que "sete de cada dez galegos recoñecen ter un baixo ou nulo coñecemento sobre biotecnoloxía".

Aínda que o 84,6% dos enquisados considera que o medicamento é unha das súas principais aplicacións, o 35,4% non sabe diferenciar entre un fármaco biolóxico e un químico.

Galicia creou o 12,5% das empresas 'biotech' nacidas en España o...
Comentarios