lunes. 25.01.2021 |
El tiempo
lunes. 25.01.2021
El tiempo

Hijos de Rivera recibe o permiso para demoler o Comcor e ampliar as súas instalacións

O antigo centro comercial Comcor, situado fronte á sede de Hijos de Rivera. GSV
O antigo centro comercial Comcor, situado fronte á sede de Hijos de Rivera. GSV

A firma, que rexeitou impulsar un Erte, pretende incrementar os seus plans de negocio na Coruña

O Concello da Coruña aprobou este mércores, en xunta de Goberno Local, outorgar á Corporación Hijos de Rivera a licenza para levar a cabo a demolición parcial do antigo centro comercial Comcor, que o grupo adquiriu o ano pasado para ampliar as súas instalacións.

A parcela onde está situado o edificio, no polígono da Grela, foi comprada en abril de 2019 pola matriz da firma cervexeira Estrella Galicia para poder incrementar os seus plans de negocio na cidade.

Segundo informou o Concello da Coruña nun comunicado, a demolición de forma parcial do edificio comercial, que antes era propiedade da compañía Moble Xuvenil, conta cun orzamento de 470.000 euros.

A Corporación Hijos de Rivera, que o pasado mes de marzo descartou pór en marcha un Erte a pesar de pertencer a un sector afectado na crise do Covid-19 polo peche da hostalería, comprara xunto a ese terreo outra parcela do polígono, pois ambas están emprazadas ante a súa actual fábrica de cervexa e suman 18.000 metros cadrados de chan.

Hijos de Rivera recibe o permiso para demoler o Comcor e ampliar as...
comentarios