Ingapan entrará en bolsa da man do grupo catalán Europastry

A firma barcelonesa é propietaria do 60% da lucense

El Grupo Ingapan. EP
photo_camera O Grupo Ingapan. EP

A firma lucense Ingapan, líder na elaboración de pan, cotizará en breve en bolsa da man do grupo catalán Europastry, que adquiriu un 60 por cento das súas accións.

Tal como anunciaba hai uns meses El Economista, o salto ao parqué de Europastry é unha das operacións máis esperadas no mercado, xa que a xestora de capital privado española leva anos estudando esta posibilidade, algo que se concretará neste 2019. A incerteza nos mercados bolsistas e a boa evolución da compañía fixo que esta decisión se pospuxese en varias ocasións. 

Cun importante crecemento nos últimos anos, Europastry conta con máis de 4.000 empregados en todo o mundo, 20 centros de produción e opera en máis 50 mercados. Ten fábricas en España, Portugal, Países Baixos e Estados Unidos.

Entre as súas últimas adquisicións, destaca a do 60% do grupo galego Ingapan, a da compañía chilena Crandon  ou a tamén galega Chousa, que lle permitiu entrar no segmento dos snacks. 

Na actualidade, Europastry conta con diferentes marcas enfocadas a varios negocios: Fripan, Frida, Yaya María, Friart e Dots. Ademais, no ano 2015 saíu do negocio de venda ao público ao vender as cadeas de panaderías O Moín Vell, SantaGloria e L'Obrador ao fondo Naza Capital.

Comentarios