Miles de persoas volven saír á rúa na Coruña en protesta polo peche de Alcoa

Á cabeza da manifestación estaban os fillos dos traballadores afectados, que portaban unha pancarta que dicía "déixannos sen futuro"

Manifestación na Coruña en defensa de Alcoa. EP
photo_camera Manifestación na Coruña en defensa de Alcoa. EP

Máis de 4.000 persoas volveron a saír este luns á rúa na Coruña para protestar polo peche de Alcoa e defender os postos de traballo de centos de empregados desta planta e da factoría que a multinacional estadounidense ten en Avilés e que está igualmente afectada o aviso de peche.

O persoal da compañía en Galicia saíu ás cinco e media desta tarde da fábrica e chegou pouco máis dunha hora despois á Praza da Palloza, onde lles esperaban os seus familiares, amigos e veciños para brindarlles o seu apoio ante o expediente de regulación de emprego presentado pola empresa e, tamén, para esixir solucións.

Á cabeza da manifestación estaban os fillos dos traballadores afectados, que portaban unha pancarta que dicía "déixannos sen futuro".

A protesta coincidiu co anuncio de que Alcoa decidiu manter o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) de extinción para as súas plantas de Avilés e A Coruña, polo que os sindicatos con representación no comité europeo acudirán á Xustiza holandesa, que neste caso é a competente, ao entender que a compañía incumpre con iso a normativa europea.

Os membros do comité europeo analizaron este luns a postura da alumineira nunha videoconferencia para decidir os próximos pasos da representación sindical en defensa de ambas as factorías, que suman 686 traballadores. 

Comentarios