O ministerio comprométese a abordar con Endesa o futuro da planta das Pontes

Os alcaldes das comarcas de Ferrolterra e Terra Chá reclaman á empresa que non despida nas auxiliares 
Reunión en la sede del Ministerio para la Transición Ecológica sobre el futuro de la central de As Pontes. EP
photo_camera Reunión na sede do Ministerio para a Transición Ecolóxica sobre o futuro da central das Pontes. EP

O Ministerio para a Transición Ecolóxica comprometeuse a convocar unha mesa con Endesa para abordar o futuro da planta térmica das Pontes, segundo afirmou este martes o rexedor deste municipio, Valentín González Formoso. O tamén presidente da Deputación da Coruña confirmouno ao termo da reunión mantida este martes con responsables do departamento que encabeza Teresa Ribera.

Segundo González Formoso, a mesa terá lugar "antes de que termine este mes de setembro" e nela sentarán representantes da compañía, o Goberno central, o comité de empresa e o Concello das Pontes, así como o grupo de traballo que se creou para abordar o futuro da planta.  "Coñeceremos que é o que necesita a central térmica, de boca da súa propietaria, para reactivar a súa actividade, e saberemos onde está disposto a chegar o Goberno para que isto sexa posible", apuntou o rexedor, que estivo acompañado en Madrid polos seus homólogos nos municipios da Capela, As Pontes, Narón, San Sadurniño, Vilalba e Xermade. 

González Formoso tamén manifestou que solicitaron ao ministerio que leve a cabo "xestiones coa propia Endesa" para que "non haxa despedimentos de auxiliares, que teña paciencia, ata que isto se reactive, xa que llo debe a este colectivo, a este pobo e ás comarcas". 

A Xunta reclama "transparencia" ao Goberno central sobre o futuro da central

Pola súa banda, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reclamou "transparencia" ao Goberno central respecto ao futuro da central e asegurou que "deulle as costas" ás 750 familias que dependen desta.  A preguntas dos xornalistas, acusou ao Executivo que preside Pedro Sánchez de, "independentemente do prezo do C02", tomar decisións que "penalizan" ás empresas que realizaron investimentos para adecuar as súas instalacións á directiva de emisións industriais, como a fábrica da localidade coruñesa. 

Deste xeito, afirmou que a decisión que levou a esta situación foi "política" e instou ao Goberno central a tomar "as decisións que se precisen" para garantir a continuidade da planta. Neste sentido, recordou que outros países europeos apostaron por iniciativas como "a eliminación do céntimo verde ou pagos por compensación de capacidade" co obxectivo de garantir a "viabilidade" destas empresas. 

'Galiza, un futuro sen carbón' pide rexeito iniciativa PP transición enerxía

A plataforma 'Galiza, un futuro sen carbón', conformada por colectivos sociais e ecoloxistas, reclamou este martes a todos "os grupos da oposición" no Parlamento de Galicia que voten en contra da iniciativa do PP sobre transición enerxética ao estimar que busca unicamente "atrasar aínda máis" ese proceso.

Nun comunicado, resaltou que se trata dun asunto "urxente" e indicou que o partido "non quere unha transición xusta e ordenada". Ao seu xuízo, actúa " medida do interese de grandes empresas".

Para 'Galiza, un futuro sen carbón', o peche "planificado da central de carbón das Pontes" é "posible, ademais de urxente e necesario"

Neste sentido, observou que a formación pretende un procedemento "interminable" e aludiu ao caso concreto de Endesa, "dona da central de carbón das Pontes". "A súa iniciativa non propón medidas de protección dos traballadores, senón axudas económicas e exencións fiscais a demandar ao Goberno estatal para favorecer a xeración de cambio climático na central de carbón das Pontes", asegurou a entidade. Deste xeito, sinalou que a planta "será a única activa en Galicia despois do peche de Meirama en 2020".

Para 'Galiza, un futuro sen carbón', o peche "planificado da central de carbón das Pontes" é "posible, ademais de urxente e necesario", e tería que producirse "como moi tarde en 2025". Segundo a plataforma, "esta central eléctrica con xa 40 anos de actividade é a industria situada en Galicia que provoca maior impacto ambiental negativo dentro e fóra do noso territorio". 

Na súa opinión, "destaca especialmente pola súa achega á crise climática; en 2018 volveu estar entre as 20 maiores industrias emisoras de dióxido de carbono" da Unión Europea.

Finalmente, a asociación indica que as súas emisións non serán reducidas coa "reforma da que está a ser obxecto" a central. Respecto diso, remachou que non "afecta ao principal gas de efecto invernadoiro causante de cambio climático", en referencia ao dióxido de carbono. 

Así mesmo, valorou que Endesa prevé que este ano a produción nas Pontes baixe dos 8.000 aos 2.600 gigavatios por hora, feito ante o cal matizou que un "descenso así provocaría unha baixada importante das emisións totais galegas causantes de cambio climático". 

Comentarios