sábado. 16.11.2019 |
El tiempo
sábado. 16.11.2019
El tiempo

O museo de Estrella Galicia abrirá as súas portas o próximo 19 de xuño 

MEGA, Mundo Estrella Galicia. EP
MEGA, Mundo Estrella Galicia. EP

MEGA é "un espazo expositivo cun carácter moi experiencial e divulgativo"

MEGA, Mundo Estrella Galicia, o museo da corporación Hijos de Rivera, abrirá as súas portas o próximo 19 de xuño, polo que desde este xoves xa están á venda as entradas, segundo informa a compañía. 

Con esta apertura, Estrella Galicia pon en marcha nunha data sinalada (co que xoga coa data do seu nacemento, 1906) por primeira vez en España "un espazo expositivo cun carácter moi experiencial e divulgativo". 

Este espazo non só aborda contidos relativos á compañía e a súa historia, senón que achega aos visitantes á cultura cervexeira e permítelle ver in situ algún dos puntos do proceso de produción". 

"Porque esta é outra das características que definen MEGA: o seu emprazamento na propia fábrica de Estrella Galicia e a súa convivencia coa súa actividade diaria, algo que permite mostrar fases reais do proceso de elaboración e envasado da cervexa", explica a compañía. 

O proxecto conta con 2.500 metros cadrados de exposición en catro alturas. Os visitantes poderán elixir entre diferentes tipos de experiencias, como a visita libre, a visita guiada e os talleres cervexeiros.

O museo de Estrella Galicia abrirá as súas portas o próximo 19 de...
Comentarios