O paro subiu en Galicia un 2% en outubro pero caeu un 8,7% no último ano

A tendencia da comunidade é similar á do conxunto do Estado, onde o desemprego creceu un 1,63% o último mes

Paro
photo_camera Paro

O número de parados galegos rexistrado nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego Estatal (Sepe) alcanzou os 169.744 tras aumentar en outubro en 3.424 persoas (2,06) respecto ao mes anterior.

De acordo cos datos publicados este luns polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, no último ano o paro diminuíu na comunidade en 16.159 persoas, en porcentaxe un -8,69%.

As afiliacións á Seguridade Social descenderon en 690 aínda que o cómputo global desprende que son, con 1.013.198 millóns de persoas, 23.294 máis que hai un ano.

A taxa interanual da afiliación media en Galicia rexistrou o pasado mes xa que logo un 2,35%, o que supón unha variación de 23.294 afiliados.

No conxunto do país, o número de parados contabilizado nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego Estatal (Sepe) alcanzou os 3.254.703 tras aumentar en outubro en 52.195 persoas (+1,63%) respecto ao mes anterior, de forma que se mantén en niveis de 2008.

En España, no último ano o paro diminuíu en 212.323 persoas ata situar o número de desempregados no nivel máis baixo alcanzado na última década.

Por sectores, o desemprego só diminuíu entre os traballadores que procedían da construción (3.695 persoas), mentres que aumentou nos restantes, principalmente nos servizos (43.219), seguidos pola agricultura (9.301), a industria (2.821) e o colectivo sen emprego anterior (548). 

Comentarios