sábado. 28.11.2020 |
El tiempo
sábado. 28.11.2020
El tiempo

Os aeroportos galegos crecen case un 7% e superan o millón de pasaxeiros no primeiro trimestre 

Varios pasajeros llegan a Lavacolla. AEP
Varios pasajeros llegan a Lavacolla. AEP

O de Lavacolla lidera as cifras absolutas, con 558.286 usuarios entre xaneiro e marzo, un 9,3% máis

O tres aeroportos galegos creceron case un 7% no primeiro trimestre do ano en cifra de pasaxeiros e superaron, finalizado o mes de marzo, o millón de viaxeiros. 

Segundo os datos publicados este luns por Aena, os aeródromos de Santiago, A Coruña e Vigo rexistraron durante os primeiros tres meses deste ano 1.044.929 usuarios, o que supón un 9,6% máis que no mesmo período de 2017. 

Concretamente, son máis de 91.000 pasaxeiros adicionais con respecto aos 953.252 que fixeron uso dalgún dos aeroportos da comunidade durante o primeiro trimestre do ano pasado. 

Por aeródromo, o de Lavacolla lidera as cifras absolutas, con 558.286 usuarios entre xaneiro e marzo, un 9,3% máis. Pola súa banda, o de Vigo é o que experimentou o maior crecemento, un 13,7%, até os 218.548. Na parte media da táboa está o aeroporto coruñés de Alvedro, cun aumento do 7,1% na súa cifra de pasaxeiros, até os 268.095. 

No relativo ás operacións, Peinador operou durante o primeiro trimestre 2.555 voos, un 6,1% máis; e Santiago rexistrou 4.582, un 4,4% máis. O aeroporto da Coruña, pola súa banda, experimentou un descenso acumulado do 2,2%, até as 3.613 operacións.

CASE 400.000 PASAXEIROS EN MARZO. O tres aeroportos galegos rozaron os 400.000 pasaxeiros durante o pasado mes de marzo, o que supón un 6,9% máis que a cifra de viaxeiros rexistrada no mesmo período do ano anterior. 

En concreto, recolle Aena, os aeroportos de Santiago, A Coruña e Vigo rexistraron no terceiro mes do ano 395.936 usuarios, máis de 25.000 por encima de marzo de 2017. 

Así, o aeroporto de Santiago foi utilizado por 214.110 viaxeiros, un 5,5% máis que hai un ano; mentres que o da Coruña alcanzou os 97.705, un 3,2% máis; e o de Vigo creceu un 15,8%, até os 84.121 pasaxeiros. 

En canto ás operacións, foi o aeródromo de Vigo o único que rexistrou mellores cifras que en marzo do ano pasado. En concreto, creceron un 7,5%, até as 945. Lavacolla, pola súa banda, operou 1.687 voos (un 0,8% menos) e o da Coruña 1.239, o que supón un descenso do 11,6%. 

Finalmente, as mercadorías transportadas creceron tamén un 24,6% en Vigo e caeron tanto en Santiago (un 6,9%) como na Coruña (un 4,3%). 

Os aeroportos galegos crecen case un 7% e superan o millón de...
comentarios