domingo. 15.12.2019 |
El tiempo
domingo. 15.12.2019
El tiempo

Galicia suma 5.500 parados en xaneiro

Unha oficina de emprego. ARQUIVO
Unha oficina de emprego. ARQUIVO

A pesar de todo, no último ano o desemprego a cifra de desempregados creceu en 5.500 persoas

O número de desempregados en Galicia rexistrados nos servizos públicos de emprego situouse en xaneiro en 174.800 tras aumentar en 5.505, un 3,25%, segundo os datos publicados este luns polo Ministerio de Traballo, Seguridade Social e Migracións. A cifra de parados, en base a este mesmo informe, diminuíu en 15.086 persoas, un -7,94%, respecto ao mesmo mes de 2018.

No conxunto do país, o número de desempregados rexistrados nos servizos públicos de emprego colocouse en xaneiro en 3.285.761 persoas, tras aumentar en 83.464, marcando así o maior incremento desde 2014.

O número de desempregados descendeu en 190.767 persoas respecto de xaneiro de 2018, de forma que continúa a moderación na redución do paro rexistrada nos dous últimos anos.

O sector servizos foi o principal causante do incremento do paro en xaneiro, con 85.584 desempregados máis, en tanto que só se rebaixou na construción e entre o colectivo sen emprego anterior. 

Galicia suma 5.500 parados en xaneiro
Comentarios