PSA pecha 2018 cun récord mundial de vendas, ao comercializar 3,87 millóns de vehículos

Peugeot foi a marca máis vendida do grupo francés en 2018

Centro de PSA, en Vigo.AEP
photo_camera Centro de PSA, en Vigo.AEP

O Grupo PSA pechou o ano pasado cun volume mundial de vendas de 3,87 millóns de unidades, o que supón un récord histórico e un incremento do 6,76% en comparación coa cifra contabilizada en 2018, segundo informou a empresa.  A multinacional francesa destacou que este incremento das súas matriculacións mundiais durante o ano pasado estivo vinculado á ofensiva de produto que levou a cabo e que contempla o lanzamento de 80 lanzamentos rexionais en dous anos. Esta estratexia tamén recolle unha gama de modelos máis orientada ao cliente e un compromiso por parte da rede comercial. 

Por rexións, a compañía recortou un 32,2% os seus rexistros de vendas en 2018 en China e sueste asiático, con 262.583 unidades, mentres que as súas entregas en Eurasia subiron un 0,48%, ata 15.288 unidades e un 1,64% en India e Pacífico, ata 26.479 unidades.  As matriculacións do Grupo PSA en Europa situáronse en 3,1 millóns de unidades ao termo do pasado exercicio, un 30,5% máis, á vez que en Latinoamérica baixaron un 15,04%, ata 175.257 unidades. En Oriente Medio e África, a corporación que preside Carlos Tavares comercializou 291.998 unidades en 2018, un 52,8% menos.

MARCAS. Doutra banda, Peugeot foi a marca máis vendida do grupo francés en 2018, cun volume de 1,74 millóns de unidades, o que representa unha diminución do 17,9% en comparación cos datos do ano previo.  Citroën, pola súa banda, matriculou 1,04 millóns de vehículos en todos os mercados nos que opera, un 0,89% menos, e DS mellorou un 0,7% os seus rexistros, ata 53.265 unidades. Opel/Vauxhall logrou unhas vendas de 1,03 millóns de unidades. 

Comentarios