PSA Vigo para toda a súa produción por falta de pezas

Os paros afectarán ata a quenda de noite do domingo nalgunhas seccións da factoría

Centro de PSA, en Vigo.AEP
photo_camera Centro de PSA, en Vigo.AEP

A falta de aprovisionamento de pezas, concretamente de tubos de escape, obriga á fábrica de PSA Vigo a parar desde a tarde deste xoves toda a súa produción, segundo informaron fontes da multinacional.

Estes problemas de aprovisionamento de caixas de cambio, producidas na fábrica de Valenciennes (Francia) do Grupo PSA, afectarán a quenda de tarde e de noite deste xoves e estenderanse a toda a xornada deste venres nas dúas liñas de produción da factoría de Balaídos. Tamén afectará á xornada programada para o sábado pola mañá no sistema II e na da noite do domingo no sistema I.

Na primeira se ensamblan os modelos antigos de Peugeot Berlingo Partner, os Citroën Elysée e os Peugeot 301, e na segunda, os Citroën C4 Space Tourer e as novas furgonetas Citroën Belingo, Peugeot Rifter e Opel Combo.

As fontes de PSA consultadas por Efe explican que os problemas de abastecemento das caixas de cambio afectan a diferentes fábricas do Grupo porque o seu ritmo de produción é elevado. No caso da de Vigo ten que ver coa produción das antigas Berlingo, "por encima das previsións".

Xa en días pasados houbo tensións de fluxo na factoría de Balaídos e houbo que facer paradas puntuais.

Comentarios