Rueda pide non facer unha "pelexa política" da crise de Barreras

Incide en que la responsabilidad de que el astillero vigués siga teniendo futuro es de todos
Astillero de Barreras. EFE
photo_camera Zona do estaleiro de Barreras. GSV

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, pediu este mércores en Vigo que a situación do estaleiro Barreras non se converta nunha "pelexa política" para dirimir quen "é máis ou menos responsable", e que todo o mundo reme "na mesma dirección".  "Creo que todos somos responsables de que o estaleiro, que é tanto como dicir unha parte moi importante da actividade industrial de Vigo, siga tendo futuro nun momento complicado, pero temos que solucionalo entre todos", dixo Rueda antes dun acto con empresarias.

Sinalou que a día de hoxe mantense a carteira de perdidos no estaleiro, o que "é unha boa noticia" e que, namentres, cónstalle que continúan as conversacións entre os accionistas para chegar a un acordo para dar viabilidade á empresa, paso imprescindible, segundo a Xunta, para poder avanzar.  "Cónstanos que están en conversacións e esperemos que frutifiquen canto antes" , dixo Rueda, quen volveu a manifestar o apoio expreso da administración autonómica ao estaleiro vigués. 

A crise de Barreras, dixo, "témola que solucionar entre todos, pero os primeiros que teñen que solucionalo son os propios responsables directos, que son os accionistas do estaleiro".