O Santander pechará 57 oficinas en Galicia entre setembro e outubro

A entidade non concretou aínda cales son pero si que se trata de 64 na Coruña, 37 en Pontevedra, 19 en Lugo e 15 en Ourense
Santander
photo_camera Oficina do Banco Santander en Santiago. PEPE FERRÍN

O Banco Santander pechará 37 oficinas en Galicia no próximo mes de setembro e outras 20 en outubro, segundo deron a coñecer fontes sindicais.

Estes serán os primeiros pasos que adoptará a entidade presidida por Ana Botín dentro do plan de extinción de emprego que levará a cambio a nivel nacional para adelgazar a rede do grupo.

Santander ten previsto pechar en Galicia 135 sucursais (64 na Coruña, 37 en Pontevedra, 19 en Lugo e 15 en Ourense), o que carrexará o despedimento de 271 empregados.

Un dos criterios que imperará á hora de seleccionar as oficinas que baixarán o enreixado é prescindir dunha naquelas localidades nas que se produza un solapamento entre as do Santander e as do Popular, que adquiriu hai dous anos, como por exemplo sucedará a principios do mes que vén na Fonsagrada e Mondoñedo.

A entidade non concretou aínda aos sindicatos cales serán esas primeiras 57 sucursais ás que lles botará a chave de forma definitiva.

Comentarios