O Santander presenta a súa oferta final do Ere: prexubilacións co 75% do soldo

Para os maiores de 62 anos, o banco efectuará un pago de 20 días por ano traballado, co límite dunha anualidade, e sen primas 

Santander
photo_camera Banco Santander. PEPE FERRÍN

A dirección do Santander mellorou as condicións do Expediente de Regulación de Emprego (Ere) que a entidade prevé acometer este ano, estendendo as prexubilacións co 75% a todos os empregados de máis de 55 anos, suprimindo a mobilidade de entre 75 e 100 quilómetros e comprometéndose a reducir o número de afectados.

 Segundo informaron fontes sindicais tras a quinta reunión formal da mesa negociadora, o Santander ofreceu prexubilacións co 75% do salario pensionable ou o 72% máis o 58% do complemento voluntario para os empregados de entre 55 e 61 anos, unhas condicións que ata agora só ofrecía a partir dos 58 anos. Para os maiores de 62 anos, o banco efectuará un pago de 20 días por ano traballado, co límite dunha anualidade, e sen primas. 

Os empregados poderán ser desprazados ata 75 quilómetros tanto se se pecha a oficina coma se non

Así mesmo, incluíu aos traballadores de 50 e 51 anos no grupo dos de 52 a 54 anos, aos que lles ofrece deixar a entidade co 60% do salario pensionable de seis anualidades, cun tope máximo de 380.000 euros, sen desconto por desemprego e cun convenio especial coa Seguridade Social ata os 63 anos, actualizable ata un máximo do 3%. A este grupo tamén dará primas de 2.000 euros por cada trienio completo traballado, unha prima adicional de entre 5.000 e 30.000 euros en función da súa antigüidade e outra de 15.000 euros. 

Pola súa banda, os empregados de menos de 50 anos ou que non conten con polo menos 15 anos de antigüidade poderán deixar a entidade cunha indemnización de 40 días por ano traballado, ata un máximo de 24 mensualidades. Este colectivo tamén terá primas de 2.000 euros por cada trienio de antigüidade e outras de entre 5.000 e 30.000 euros en función dos anos que leve no banco. 

O banco comunicou que xa non ten máis percorrido para seguir mellorando as condicións do acordo

A redución do número de afectados, polo momento fixado en 3.464 saídas desde as 3.713 iniciais, determinarase na próxima reunión. 

En canto á mobilidade, suprimiuse o tramo de entre 75 e 100 quilómetros, como esixían os sindicatos, polo que os empregados poderán ser desprazados ata 75 quilómetros tanto se se pecha a oficina coma se non, coas indemnizacións e condicións do acordo subscrito en 2017. 

Segundo os sindicatos, a dirección do banco comunicou que xa non ten máis percorrido para seguir mellorando as condicións do acordo, deixando entrever que a presentada foi a súa oferta final. A próxima reunión celebrarase o xoves 12 de xuño.

Comentarios