Traballadoras das tendas de Inditex lamentan que as traten como empregados "de segunda"

Critican que "a facilidade" para adaptar o horario que a dirección concede ao persoal de oficina "non se lle permite a ninguén nos comercios, incluso a aquelas que teñen redución de xornada por maternidade"
Tienda de Zara, el buque insignia del grupo de Arteixo, en Madrid. efe
photo_camera Tenda de Zara, o buque insignia do grupo de Arteixo. EFE

Traballadoras das tendas de Inditex lamentaron que a dirección distinga entre empregados "de primeira e de segunda categoría" despois de que acordase implantar medidas de flexibilidade horaria para o persoal de oficinas, que poderán elixir a hora de entrada de luns a xoves e non traballarán os venres pola tarde. 

O membro do comité de empresa das tendas de Zara Carmiña Maneiro (CIG) manifestou que "non deixa de ser unha medida máis que beneficia a unha pequena parte de traballadores do grupo Inditex".  Deste xeito, considera que "a facilidade" para adaptar o horario que a dirección concede ao persoal de oficina "non se lle permite a ninguén nas tendas, incluso a aquelas que teñen redución de xornada por maternidade". 

Para Maneiro, isto constitúe "unha dobre discriminación" cara "a parte máis débil" da empresa composta "no 99,9 por cento" por mulleres e que "tampouco ten acceso á prima de beneficios que si percibe o persoal de almacén". 

Comentarios