Vodafone España anuncia o despedimento de ata 1.200 empregados

A empresa comezará a finais de xaneiro o período de consultas, que se prolongará durante un mes ► A empresa conta con 184 traballadores 

Vodafone. AEP
photo_camera Vodafone. AEP

Vodafone España comunicou aos representantes dos traballadores a apertura dun procedemento de despedimento colectivo, que afectará a un máximo de 1.200 empregados, segundo informou este xoves a compañía nun comunicado.

Segundo os datos facilitados pola empresa, Vodafone contaba con 184 traballadores en Galicia ao peche do seu ano fiscal (31 de marzo 2018), repartidos entre as sedes de Vigo (onde hai máis de 120) e A Coruña (preto de 60). As mesmas fontes aclaran que aínda non hai estimación do impacto que pode ter o Ere na comunidade. 

Pola súa banda, o responsable do sector de Comunicacións e Medios de UXT en Galicia, José Ramón Vizcaíno, tacha de "barbaridade as dimensións do Ere", que considera unha consecuencia de "as decisións empresariais erróneas no tempo de Vodafone en España como a compra de Ono ou non apostar polo fútbol". 

Vizcaínocritica que os afectados "sexan os traballadores cun terceiro Ere e que non paguen o pato primeiro os directivos pola súa mala xestión". 

A operadora de telecomunicacións convocou aos representantes dos traballadores para iniciar a finais de xaneiro o período de consultas, que se prolongará durante un mes.

Vodafone España xustificou a medida en razóns económicas, produtivas e organizativas, e explicou que coa mesma persegue reverter a negativa evolución do negocio, con caídas nos ingresos e o resultado bruto de explotación (ebitda) no primeiro semestre –abril a setembro do seu ano fiscal.