General Motors anuncia o peche de sete factorías en todo o mundo

A compañía indicou que estas medidas forman parte dun proceso de transformación "para o futuro" e de "reorganización" do seu persoal global para "aliñar a súa capacidade de fabricación"

Sede mundial de General Motors en Detrois, Estados Unidos. JEFF KOWALSKY (EFE)
photo_camera Sede mundial de General Motors en Detroit, Estados Unidos. JEFF KOWALSKY (EFE)

General Motors (GM) anunciou este luns o peche de sete factorías en todo o mundo no marco dun plan de reestruturación.

O fabricante de automóbiles explicou nun comunicado que clausurará as plantas de montaxe en Estados Unidos e unha en Canadá, así como outras dúas sen identificar noutros países. GM engadiu que tamén pechará dúas plantas de produción de motores en EE UU.

As cinco plantas norteamericanas afectadas o anuncio (Oshawa, Detroit-Hamtramck, Lordstown, a tres de montaxe de vehículos, e Baltimore e Warren, que producen motores e transmisións) empregan a unhas 14.500 persoas.

A empresa non precisou no seu comunicado o número de traballadores que perderán os seus empregos, pero destacou que se están levando a cabo acciones" para reducir o persoal un 15%, porcentaxe que inclúe "un 25% menos executivos para axilizar a toma de decisións".

A compañía indicou que estas medidas forman parte dun proceso de transformación "para o futuro" e de "reorganización" do seu persoal global para "aliñar a súa capacidade de fabricación". Segundo GM, os peches permitirán o aforro duns 6.000 millóns de dólares.

Ademais desas plantas, GM dixo que a finais de 2019 cesará a produción noutras dúas situadas fóra de Norteamérica, sen ofrecer máis detalles, aínda que o fará proximamente. Estes sete peches engádense ao xa anunciado da planta de montaxe de Gunsan, en Corea do Sur.

"As accións que estamos a tomar hoxe continúan a nosa transformación para ser moi áxiles, resilientes e rendibles á vez que nos dan a flexibilidade para investir no futuro", afirmou a presidenta e conselleira delegada de GM, Mary Barra.

"Recoñecemos a necesidade de manternos por diante das condicións cambiantes do mercado e as preferencias dos consumidores para que a nosa compañía estea en posición de conseguir o éxito a longo prazo", engadiu Barra.

Comentarios