domingo. 28.11.2021 |
El tiempo
domingo. 28.11.2021
El tiempo

A Xunta buscará emprego para mil ‘ninis' cun programa innovador

Francisco Conde. VICTORIA RODRÍGUEZ
Francisco Conde. VICTORIA RODRÍGUEZ

Industria destina 9 millóns a este plan de segunda oportunidade para mozos que nin estudan nin traballan. "Hai que centrar os esforzos nos novos", di Conde

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avanzou este venres que o "novo" programa que a Xunta implantará en 2019 de segunda oportunidade para mozos que non estudan nin traballan chegará a un milleiro de beneficiarios. Esta é unha das cuestións que abordou o conselleiro na presentación dos orzamentos do seu departamento na Cámara.

O programa destinado a 'ninis' contará con nove millóns de euros cunha "metodoloxía de formación e asesoramento adaptada", xa que Francisco Conde considera que hai que "centrar esforzos nos máis novos" para que se incorporen ao mercado laboral.

As contas desta consellería soben un 9,2%, ata 570 millóns de euros, onde as partidas para emprego avanzan un 7%, ata alcanzar os 255,5 millóns. O obxectivo final pasa por crear 15.000 empregos en 2019 e 80.000 en toda a lexislatura.

A Axencia Galega de Innovación crece "con máis forza", cunha subida do 21%, e alcanza preto de 100 millóns. Aquí atópase incluído o programa Talento 2021, con seis millóns, que ten como obxectivo a captación de talento de 1.500 novos profesionais para I+D+i. Ademais, dáse un impulso ao polo aeroespacial de Rozas, en Castro de Rei con 18 millóns de euros, para comezar as obras de urbanización do novo parque industrial, así como para pór en marcha o centro de emprendemento na cidade de Lugo dedicado a este sector, que será a futura sede da primeira aceleradora aeronáutica. Todo iso, nuns orzamentos con cinco eixos: crecemento empresarial, dixitalización, formación e innovación, emprego de calidade e transición enerxética.

A Xunta buscará emprego para mil ‘ninis' cun programa innovador
comentarios