A Xunta insta o Goberno a aclarar se o marisqueo é esencial tras afundirse as vendas

Demanda que se simplifiquen mecanismos para o acceso do sector a axudas
La conselleira de Mar. XUNTA
photo_camera A conselleira de Mar. XUNTA

A conselleira de Mar, Rosa Quintana, dirixiuse ao Ministerio de Sanidade para pedirlle que aclare se o marisqueo é unha actividade esencial ante a situación que atravesa o sector durante o estado de alarma, con caídas na facturación do 96% debido ao peche da restauración. Quintana entende que a actividade non está a participar actualmente na cadea de subministración, polo que manter a extracción dificultaría a recuperación económica futura e prexudicaría o estado dos recursos.

Neste sentido, a Xunta demanda ao Goberno central que se faciliten medidas compensantorias ante o peche "de facto" das canles comerciais vinculadas ao marisqueo.

Este mércores, a conselleira mantivo unha videollamada co presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, José Antonio Pérez Sieira, para analizar o impacto no sector do Covid-19. Nesa materia, o Goberno galego lamenta a "falta de concreción", tanto no decreto que prorroga a declaración do estado de alarma como no que regula o permiso retribuído recuperable para traballadores de actividades non esenciais.

MECANISMO SIMPLIFICADO. Así, demanda un mecanismo simplificado polo que os profesionais do marisqueo poidan xustificar a baixada de ingresos pola crise do coronavirus e acceder de forma rápida á prestación extraordinaria polo cesamento de actividade. Recorda que os moluscos bivalvos son produtos perecedoiros e é inviable o seu almacenado para posterior comercialización.

O feito é que o Estado pide unha declaración individual do descenso da actividade dos profesionais do marisqueo, o que segundo a Xunta "é difícil" de obter nestes momentos. Sinala que o sector conta con 3.777 persoas con permisos de marisqueo a pé e con 2.893 embarcacións

Comentarios