Achan morta a unha muller en Churra (Murcia) con signos violencia

A muller foi atopada ás 14:30 horas por un familiar, que foi o que chamou á policía
Luz dunha sirena de policía. ADP
photo_camera Luz dunha sirena de policía. ADP
Unha muller de 48 anos foi achada morta no seu domicilio de Churra (Murcia), sen que polo momento se coñezan máis detalles do ocorrido nun caso que a policía está a investigar co protocolo de morte violenta, informou a EFE un portavoz policial este luns.

A muller foi achada ás 14:30 horas por un familiar, que foi o que chamou á policía, nun caso que polo momento ten varias hipóteses abertas, segundo as mesmas fontes.

O cadáver foi levantado polo xuíz de garda ás 16 horas, tras o que foi trasladado ao instituto anatómico forense para facerlle a autopsia. 

Comentarios