Arrimadas di que Feijóo imita os nacionalistas por esixirlles galego aos profesores

Inés Arrimadas, durante un acto de su partido en Barcelona. MARTA PÉREZ (EFE)
photo_camera Inés Arrimadas, durante un acto do seu partido en Barcelona. MARTA PÉREZ (EFE)


Inés Arrimadas dedicou un chío ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acusándoo de imitar "os nacionalistas" por esixir "o galego como requisito obrigatorio para ser profesor". No mesmo mensaxe acusa o PP de pactar "sempre" cos partidos nacionalistas. Arrimadas referíase á convocatoria das oposicións da Xunta para o acceso á educación secundaria.

O comentario da política da formación laranxa non foi moi ben recibido polos tuiteiros, que cargaron contra ela recordándolle que o presidente galego está a cumprir co Estatuto e que os profesores teñen que "ensinar" e "entender" os seus alumnos. 

Comentarios