O PP non só pactou sempre con nacionalistas. Tamén segue copiándoo ð???ð??? Feijóo esixe o galego como requisito obrigatorio para ser profesor https://t.co/yDemkONsTd<> — Inés Arrimadas (\
InesArrimadas) 15 de marzo de 2019<>
Inés Arrimadas dedicou un chío ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acusándoo de imitar "os nacionalistas" por esixir "o galego como requisito obrigatorio para ser profesor". No mesmo mensaxe acusa o PP de pactar "sempre" cos partidos nacionalistas. Arrimadas referíase á convocatoria das oposicións da Xunta para o acceso á educación secundaria.
O comentario da política da formación laranxa non foi moi ben recibido polos tuiteiros, que cargaron contra ela recordándolle que o presidente galego está a cumprir co Estatuto e que os profesores teñen que "ensinar" e "entender" os seus alumnos.