Arrinca unha campaña electoral moi rifada

Todas as enquisas apuntan a que os pactos serán clave para a formación de gobernos

A campaña electoral arrincou a pasada medianoite. Os partidos prepáranse para deixar os restos durante estes quince días xa que todas as enquisas apuntan a que os diferentes gobernos resultantes deberán forxarse a base de pactos entre as formacións.

Os partidos tradicionais, vítimas de escándalos de corrupción e do desgaste que iso supón ademais do lastre da crise económica, ven con certo pavor a irrupción das novas formacións. Entre elas, Ciudadanos e Podemos son as que esperan obter mellores resultados aínda que as próximas dúas semanas serán fundamentais para o resultado final.

Os cidadáns acudirán ás urnas para decidir sobre os seus concellos en todo o país, máis de 8.000, mentres que tamén se celebrarán comicios autonómicos en trece comunidades autónomas.

Comentarios