O CGPJ multa ao xuíz catalán que tachou de "terrorismo" a actuación policial do 1-O

A sanción alcanza os 600 euros

O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ polas súas siglas en castelán) multou con 600 euros ao xuíz de Barcelona Federico Vidal, que difundiu no seu correo corporativo expresións como "terrorismo policial" para referirse a a actuación das Forzas de Seguridade do Estado durante a xornada do 1-O.

A Comisión Disciplinaria do CGPJ considerou que cometeu unha falta grave de desconsideración.

O pasado 9 de outubro abriulle expediente tras a publicación nos medios de comunicación do contido de varias mensaxes enviadas a través do seu correo para intervir nun foro de xuíces.

En principio, o CGPJ considerou que os feitos podían constituír unha falta moi grave, sancionada con suspensión, traslado ou separación da carreira, pero finalmente impúxolle unha multa. 

Comentarios