Despedida por bailar con envexable "axilidade" a pesar de estar de baixa por unha contractura

A muller fora diagnosticada dunha contractura muscular dorsal e dunha enfermidade pélvica inflamatoria

O Tribunal Superior de Xustiza de Murcia desestimou o recurso presentado por unha camareira contra a sentenza dun xulgado que declarou procedente o seu despedimento ao ser descuberta "bailando con envexable axilidade" e con movementos bruscos de columna cando estaba de baixa laboral por unha contractura.

A sentenza, á que tivo acceso Efe, deu unha especial importancia a un vídeo captado nun local de lecer de Torre Pacheco (Murcia), ao que a demandante acudía asiduamente polas noites.

O autor do vídeo, que declarou como testemuña no xuízo por despedimento establecido pola traballadora, expuxo que un mes antes tamén a viu no mesmo lugar "bailando incluso con movementos máis bruscos".

De acordo coa Sala do Social do TSJM, que ten como relator ao maxistrado Manuel Rodríguez, a agora apelante fora diagnosticada dunha contractura muscular dorsal e dunha enfermidade pélvica inflamatoria.

E engade que a pesar de estar de baixa por esas doenzas acudía ao local a bailar, "movéndose con total normalidade", uns comportamentos que -segundo o TSJM- demostran que se atopaba recuperada, polo que debía haberse reincorporado ao seu traballo.

Ao non habelo feito así, engade, "a demandante quebrantou os valores esenciais do contrato, baseados na boa fe e mutua confianza entre empleador e traballadora".

A sentenza conclúe que o despedimento é procedente, xa que a actuación daquela foi grave e culpable, "pola evidente e deliberadas voluntariedad con que actuou". 

Comentarios