A Manada vive o primeiro fin de semana de liberdade

Desde que chegaron ás súas casas á primeira hora do sábado mantivéronse sen saír, evitando o contacto coa prensa e con ninguén que non sexan amigos e familiares

Un hombre accede con la cara tapada al domicilio de uno de los integrantes de La Manada. EFE
photo_camera Un home accede coa cara tapada ao domicilio dun dos integrantes da Manda. EFE

Os cinco compoñentes da Manada viven o seu primeiro fin de semana en liberdade en Sevilla recibindo a amigos e familiares, á espera de presentarse este luns por primeira vez ante o xulgado de garda da capital hispalense, un dos requisitos para a súa posta en liberdade provisional o pasado venres.

Desde que chegaron ás súas casas á primeira hora do sábado mantivéronse sen saír, evitando o contacto coa prensa e con ninguén que non sexan amigos e familiares, tendo ao seu avogado como único contacto co exterior.

Este luns, nunha hora non definida, os cinco terán que presentarse no xulgado de garda de Sevilla por primeira vez, como terán que facer mentres estean en liberdade provisional os luns, mércores e venres de cada semana.

Así o dispuxo a sección segunda da Audiencia Provincial de Navarra, que decretou a liberdade provisional mentres se resolven no Tribunal Superior de Xustiza navarro os recursos que todas as partes do proceso presentaron contra a sentenza inicial que os condenou a nove anos de prisión por agredir sexualmente en grupo nun portal a unha moza de 18 anos nos Sanfermines de 2016. 

Comentarios