Cando a Iñaki lle preguntaron que agasallo quería pola súa primeira comuñón, el tívoo claro: diñeiro para doar a mozos que padecen cancro. Este neno granadino conseguiu recadar 1.030 euros que foron destinados á asociación Relevos por la Vida contra el Cáncer Juvenil.
Esta entrañable historia deuna a coñecer o xuíz Emilio Calatayud a través do seu blogue no diario Ideal.
"O certo é que pasan moitas cousas boas, máis que malas, pero non as contamos. Esta historia é un exemplo diso". Así comeza o artigo o maxistrado, que aplaude a decisión do neno ao doar o diñeiro para axudar a outros. "Nin limusina nin banquetes de luxo nin móbiles de última xeración…".
A doazón investirase nunhas "lentes de realidade virtual con consola para que os nenos e adolescentes que están en tratamento oncolóxico en Granada se entreteñan", explica o xuíz, que agradece ao menor e á súa familia este fermoso "xesto".