Polémica polo cartel que anuncia o regreso de Iglesias tras a súa baixa por paternidade

"Non me sinto identificado", admitiu o secretario xeral de Podemos 

O polémico cartel que anuncia o regreso de Pablo Iglesias. EP
photo_camera O polémico cartel que anuncia o regreso de Pablo Iglesias. EP

O secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, cualificou como un erro o cartel que publicou o seu partido para anunciar o seu regreso á primeira liña política o 23 de marzo, coa mensaxe de 'VOLVE' coas letras 'EL' destacadas sobre unha foto do líder morado. 

"Non me sinto identificado", dixo Iglesias nunha mensaxe en Twitter. "Recoñecer os erros é sempre o primeiro paso para facer as cousas ben", engadiu. 

O cartel foi lanzado este mércores para anunciar o regreso da baixa por paternidade de Iglesias. "Volvo cargado de enerxía e con ganas de compartir as miñas reflexións neste tempo de permiso de paternidade e de estar doutra forma coa familia, os amigos e a xente do partido", explicou o dirixente de Podemos. 

ACTO. Nunhas declaracións á Sexta, a coportavoz adxunta no Congreso de Unidos Podemos, Ione Belarra asegurou que será "un acto multitudinario e moi emotivo" neste enclave que ten "un gran peso simbólico" para o partido, e no que Iglesias se vai "reencontrar" cos colectivos sociais, tras os tres meses que leva de permiso de paternidade apartado da vida política.

Iglesias entrará así de cheo na campaña electoral para os comicios xerais do 28 de abril, segundo confirmaron a semana pasada a Efe fontes próximas ao candidato, en acto que será "un gran catalizador da enerxía militante" que queren atraer nas semanas seguintes.

O líder da formación morada preparará ademais un discurso que pretenden sirva de marco "de referencia" para o Podemos que queren construír de cara ao futuro.

Comentarios