Piden o cesamento dun directivo da televisión pública de Murcia por un artigo machista

O artigo títulado 'De Trotski y sus gustos femeninos' de Francisco Martínez Campos foi publicado na dixital Murciaeconomía e retirado horas despois polo rexeitamento que suscitou nas redes

Francisco Martínez Campos. COLEGIO DE PERIODISTAS
photo_camera Francisco Martínez Campos. COLEXIO DE XORNALISTAS

PSOE e Podemos esixiron este mércores o cesamento inmediato do xefe de control da televisión autonómica da Región de Murcia (RTRM), Francisco Martínez Campos, polo seu artigo De Trotski y sus gustos femeninos publicado na dixital Murciaeconomía e retirado horas despois polo rexeitamento suscitado nas redes sociais. Un texto que cualifican de machista.

No artigo, Martínez Campos comentaba que o seu can "está ultimamente un pouco saído" e citaba a algunhas presentadoras do ente para encomiar as "cadeiras poderosas" ou o seu "bo ver", entre outros moitos comentarios deste tipo. A estas xornalistas, engadía o texto, a Trotski "non lle importaría dar un lametón ou aniñarse no seu colo".

O diario dixital retirou o artigo no que este alto cargo de A7 festexaba o físico das xornalistas, e o director de Radio Televisión de la Región de Murcia (RTRM) convocou de urxencia ao consello de administración do ente público para esta tarde.

O director xeral de RTRM, Juan Miguel Aguado, manifestou en declaracións a Efe o seu absoluto rexeitamento cara ás manifestacións do directivo, que ocupa un posto de libre designación e cuxo futuro analizará a partir das 17.30 horas deste mércores o consello.

O secretario xeral de Podemos en Murcia, Óscar Urralburu, pediu o seu cesamento porque "denigrou de forma machista e sexista ás propias traballadoras" cun artigo no que as "cosifica tratándoas como obxectos sexuais, con moi mal gusto e buscando o chascarrillo simple, que xa a día de hoxe ninguén entende e a ninguén considera humorístico".

A vicesecretaria xeral do PSRM-PSOE, Gloria Alarcón, asegura que é intolerable que "siga un minuto máis no seu posto" e sinala que é unha falta de respecto vergoñenta describir a traballadoras só polos seus atributos físicos.

O Colexio de Xornalistas subliña que o autor do artigo "pediu desculpas sinalando que nunca foi a súa intención ofender" e, entrecomillado, recolle no seu comunicado parte de tales desculpas, á vez que sinala que é a entidade a que debe representar e defender a igualdade.

No mw duelen prendas en pedir disculpas a aquellas compañeras y compañeros que se hayan sentido ofendidos por el articulo en Murciaeconomia sobre las profesionales de 7tv.
Nunca en mi intención y en mi profundo respeto y apoyo.

— F.MARTINEZ-CAMPOS (@famacasa) 13 de marzo de 2018

Martínez Campos, a través de Twitter e do propio diario dixital, pediu desculpas "a aquelas compañeiras e compañeiros que se sentiron ofendidos polo artigo en Murciaeconomía sobre as profesionais", ás que mostra "o seu profundo respecto e apoio".

Na súa desculpa, Martínez Campos afirma que o artigo o escribiu "como homenaxe ás profesionais de 7TV" e que "nunca" foi a súa intención ofender, senón "sacar un sorriso". 

Comentarios