Un vídeo mostra os membros da Manada roubando lentes de sol 24 horas antes de cometer o abuso sexual

Nas imaxes vese claramente a Ángel Boza, José Ángel Prenda e Antonio Manuel Guerrero perpetrar o furto nunha óptica de San Sebastián

Tres de los miembros de La Manada robando gafas de sol un día antes de la agresión de Pamplona. TELECINCO
photo_camera Tres dos membros da Manada roubando lentes de sol un día antes da agresión de Pamplona. TELECINCO

A filtración dun vídeo de seguridade que mostra a tres dos cinco membros da Manada furtando unhas lentes de sol volveu a pór o foco nos sevillanos condenados polo abuso sexual a unha moza durante os sanfermines de 2016. As imaxes, divulgadas en exclusiva por El programa del verano de Telecinco, cobran especial relevancia logo da detención e entrada en prisión de Ángel Boza, o máis novo do grupo, polo violento roubo doutras lentes no que atropelou a dous vixiantes. E máis aínda ao transcender que foron tomadas tan só 24 horas antes de que tivesen lugar os abusos de Pamplona polos que todos foron condenados.

Na gravación obsérvase claramente como o propio Boza, José Ángel Prenda e Antonio Manuel Guerrero, reunidos no interior dunha óptica de San Sebastián, proban varias lentes ata que deciden roubar varias. Con eles estaba outro dos integrantes da Manada, Alfonso Jesús Cabezuelo, pero a el non se lle ve subtraer ningún obxecto.