Valeria Quer declara en Segovia ante a xuíza pola agresión sexual que denunciou

A irmá pequena de Diana Quer compareceu nos xulgados nunha causa que se segue con máximo hermetismo

Diana López Pinel y Valeria Quer, en la reconstrucción de los hechos. ALBERTO VILAS
photo_camera Diana López Pinel y Valeria Quer, en la reconstrucción de los hechos. ALBERTO VILAS

Valeria Quer declarou este martes nun xulgado da localidade segoviana de Sepúlveda en relación coa denuncia que interpuxo un amigo seu por unha suposta agresión sexual. 

A irmá pequena de Diana Quer, a moza por cuxo asasinato en Galicia será xulgado José Enrique Abuín, alias O Chicle, abandonou as dependencias xudiciais "moi afectada", segundo informa El Norte de Castilla. 

A súa comparecencia está rodeado polo máis absoluto hermetismo xa que a maxistrada non quere que o caso adquira repercusión mediática para protexer á suposta vítima. Os familiares da moza arroupárona en todo momento, segundo o xornal máis vendido en Castela e León.