Ferrol aumentará o número de axentes de Policía Local

O seu alcalde, Jorge Suárez, tamén avanzou que se fará un esforzo en reforzar o persoal do Concello, non só en corpos de seguridade e urxencia, senón en áreas con déficit importante de traballadores

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, avanzou que dado que os cocientes en cadros de persoal de Bombeiros e Policía local son dos máis baixos, incrementarase o persoal deste último corpo de seguridade neste ano con catro novos axentes de proximidade.

En canto á situación do corpo de Bombeiros, Suárez destacou que de face aos próximos orzamentos do ano que vén modificaranse as dez prazas actuais en situación de interinidade e serán ocupadas de novo a través dun concurso oposición.

O rexedor tamén avanzou que se fará un esforzo en reforzar o persoal do Concello, non só en corpos de seguridade e urxencia, senón en áreas con déficit importante de traballadores como a de medioambiente que na actualidade conta cunha soa persoa.

Comentarios