Abanca faise co control do RC Deportivo co apoio dos accionista

A entidade financeira controla xa o club coruñés despois de que a xunta aprobase a capitalización de 35 millóns da débeda do conxunto herculino en accións
Un momento de la asamblea celebrada ayer por el Deportivo. CABALAR
photo_camera Un momento da asemblea celebrada onte polo Deportivo. CABALAR

A entidade financeira Abanca pasou de máximo acredor do club a principal accionista despois de que os socios desen o seu respaldo, na xunta extraordinaria de accionistas, á proposta do consello de administración de que o banco capitalice 35 millóns de euros de débeda.

Na orde do día figuraban tres ampliacións de capital por un total de 70 millóns de euros. Deles, 35 corresponden a Abanca, en dous capitalizaciones de débeda, unha por 30 millóns e outra de 5, o que permitirá ao Deportivo recudir o crédito pendente co banco, que se aproximaba aos sesenta millóns.

A terceira ampliación de capital estará aberta aos socios do Deportivo e, posteriormente, ao resto de afeccionados, entre o 1 de agosto e o 4 de outubro, por 35 millóns de euros e, dela, dependerá a porcentaxe final do capital social que controlará Abanca, entre un 44 e un 78 por cen.

Asemblea de accionistas do Deportivo. CABALAR (EFE)
Asemblea de accionistas do Deportivo. CABALAR (EFE)

A xunta, que fora convocada inicialmente para mediados de marzo e tivo que ser suspendida polo estado de alarma, celebrouse con medidas sanitarias (distancia entre os abonados e uso obrigatorio de máscara) e nela estiveron presentes 184 accionistas e outros 2.861 representados. Entre todos alcanzaron o 42,81 por cen de quórum e, xa que logo, superouse o 25 por cen necesario para que puidese ser validada. Máis do 96 por cen apoiaron as ampliacións de capital.

O presidente, Fernando Vidal, non dubidou en cualificar de moi "importante nestes momentos" e para o "futuro do club".

O dirixente recoñeceu que o club ten unha "situación a nivel deportivo" que a todos lles preocupa porque descendeu a Segunda B, a expensas do que suceda fóra dos terreos de xogo, cos recursos que presentou polo seu partido suspendido co Fuenlabrada. "Entre todos, xuntos, podemos sacar este partido adiante", indicou o presidente.

Tamén falou o exasesor xurídico do club na etapa de Lendoiro como presidente, Germán Rodríguez Conchado, quen foi contundente na súa exposición na quenda de rogos e preguntas: "Acábannos de roubar o club".

Comentarios