Ence critica o "cambio arbitrario" do Goberno, que xa non defenderá a prórroga

A pasteira considera a decisión do Executivo "unha falta de respecto" ás 5.100 familias que dependen da fábrica

Imagen de la factoría desde Lourido. ALBA SOTELO (ADP) - Ence
photo_camera Imagen de la factoría desde Lourido. ALBA SOTELO (ADP)

A compañía sostén que esta actuación do Estado "só pode ser explicada en clave electoral", á vez que "é contraria ao ordenamento xurídico e implica un cambio arbitrario no criterio que viñera mantendo durante todo o procedemento".  Nesta liña, Ence avisa de que esta decisión pon en risco a planta, xa que se é aceptada nas sentenzas dos tribunais "podería provocar unha forte destrución de emprego en toda Galicia". Censura que "é unha falta de respecto" para as 5.100 familias que dependen de forma directa ou indirecta da fábrica. 

A compañía advirte de que vai utilizar todas as vías xurídicas para defender a validez da prórroga da concesión"

E é que a empresa mostra a súa "sorpresa" debido a que agora a Dirección Xeral "dea argumentos contrarios aos que defendeu ata a data no último momento procesual", "cando ata fai nada estaba a defender a absoluta legalidade da orde ministerial que outorgou a prórroga da concesión de Ence".

"FORTE BAIXADA DE PREZOS". Así mesmo, a pasteira subliña que "o 30 por cento" das persoas empregadas no sector forestal en Galicia dependen da actividade de Ence. Ademais, recorda que a prórroga en 2016 estaba ligada a acometer investimentos por 71 millóns (apunta que máis de 40 millóns están realizadas), ao que se une un plan por 350 millóns no plan estratéxico 2019-2023. 

De tal forma, apunta que o sector forestal do noroeste de España "verase moi afectado por unha forte baixada de prezos provocada pola caída da metade da demanda, o que afectará ás máis de 200.000 familias produtoras forestais. 

Por todo iso, a compañía advirte de que vai utilizar todas as vías xurídicas para defender a validez da prórroga da concesión", dado que "intereses de parte e acordos políticos queren anular en contra dos dereitos e intereses dos seus traballadores, provedores, accionistas e de todo o sector forestal do noroeste". 

Comentarios