lunes. 10.08.2020 |
El tiempo
lunes. 10.08.2020
El tiempo

O 66% das vítimas de violencia de xénero está sen emprego ao comezar a sufrila

As chamadas ao Servizo 016 de información e asesoramento xurídico en violencia de xénero non queden almacenadas no rexistro de chamadas dos smartphones.
As chamadas ao Servizo 016 de información e asesoramento xurídico en violencia de xénero non queden almacenadas no rexistro de chamadas dos smartphones.
O estudo, realizado por Adecco, destaca que os xulgados recibiron en 2018 un total de 6.537 denuncias neste ámbito

O 66% das mulleres vítimas de violencia de xénero está sen emprego no momento de comezar a sufrila, segundo o sétimo informe neste ámbito que realiza Adecco. 

Con motivo do 25 de novembro, día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, Adecco destaca que os xulgados recibiron en 2018 un total de 6.537 denuncias por violencia de xénero en Galicia, segundo os datos rexistrados polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CPGJ). 

Tamén en concreto para a comunidade galega, a empresa de recursos humanos apunta que as denuncias por violencia de xénero "seguen a tendencia xeral" e incrementáronse un 1,6%. 
Ademais, engade que nos últimos cinco anos, as denuncias por violencia de xénero rexistran un aumento do 26,3% en Galicia. 

O director xeral da Fundación Adecco, Francisco Mesonero, advirte neste contexto que "o traballo non é unha barreira infranqueable contra a violencia de xénero", pero observa "como se converte nun escudo de protección, ao eliminar o factor de dependencia económica, que moitas veces é o causante de que as situacións de violencia se prolonguen no tempo". 

O 66% das vítimas de violencia de xénero está sen emprego ao...
comentarios