A neve regresou en abril

As zonas altas de Pontevedra, Lugo e Ourense volven amencer nevadas este venres

Subida al Monte Faro. BLANCA PAZ
photo_camera A estrada que une Rodeiro e Chantada. CEDIDA

O inverno regresou este xoves a Galicia en plena primavera e este venres non se quedou atrás. A culpable? Unha masa de aire frío procedente do Ártico, en concreto de Groenlandia, que se manterá ata o domingo. O descenso xeneralizado de temperaturas de madrugada deu paso á chegada da neve nas cotas máis altas das provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra.

E é que este venres amenceu nevado tamén en municipios como Lalín, Dozón ou Rodeiro. A estampa branca xa sorprendera a primeira hora da mañá do xoves a veciños, pero sobre todo a peregrinos, que superaron con dificultade algunhas das etapas máis complicadas do Camiño Francés, como a do alto do Poio, en Pedrafita do Cebreiro.

Neve en Alvarellos (Lalín). B.P.

PREDICCIÓN. Segundo a predición de Meteogalicia, este venres a comunidade galega continúa baixo a influencia das borrascas e con aire frío nas capas altas da atmosfera, o que traerá unha xornada inestable.

Espéranse chuvascos na metade oeste, ocasionalmente acompañados de saraiba. A cota de neve ascenderá aos 1.000 durante o día.

[Neve en Alvarellos, Lalín. CEDIDA]

Comentarios