Ábalos: "Galicia está pintada á conta de peaxes e outras zonas non"

O ministro de Fomento anunciou que o actual Goberno central decidiu non volver licitar as concesións que finalicen na actual lexislatura

José Luis Ábalos. J.J. GUILLÉN (EFE)
photo_camera José Luis Ábalos, en el Congreso. J.J. GUILLÉN (EFE)

O ministro de Fomento, José Luís Ábalos, tachou este mércores de "desigual" a repartición de peaxes de estradas nos distintos territorios do país.  

Ábalos dixo que o actual Goberno central decidiu non volver licitar as concesións que finalicen na actual lexislatura. Considera que a xestión destas peaxes merecen unha "reflexión" e que ese é o obxectivo da comisión impulsada polo PSOE no Congreso dos Deputados. 

"A rede viaria medrou, pero baixaron as partidas de conservación", alertou, pondo o acento nas consecuencias que isto pode ter na sinistralidade. 

Esa comisión de estudo sobre o sostemento da rede de alta capacidade ten como obxectivo, indicou Ábalos, o establecemento dun modelo "conxunto para a nación baseado no principio de igualdade territorial". 

Actualmente, considerou, o modelo é "desigual", con rexións onde non se paga nada" e outras con peaxes "carísimas". "Se un ve o mapa de España, ve que Galicia e o leste está pintado á conta de peaxes, e outras zonas non", explicou. Así, invitou a todos os axentes que teñan algo que dicir a facer propostas evitando "tentacións localistas". 

Aínda que é certo que o Goberno non estudia volver licitar as concesións das peaxes cuxa concesión terminan, Ábalos deixou claro que non se van a 'rescatar' peaxes cunha concesión que termina dentro de varios anos, como é o caso da peaxe do Huerna, entre Asturias e León, cuxa xestión foi prorrogada ata o ano 2050. 

O titular de Fomento esgrimiu razóns de seguridade "xurídica" e a "responsabilidade brutal" que suporía algo así. "O Estado non o pode asumir", indicou. 

Preguntado polas bonificacións que existen, con descontos a determinados tipos de vehículos, Ábalos dixo que o Goberno xa paga á empresa concesionaria 5,7 millóns anuais e que non está sobre a mesa activar outras bonificacións. 

Comentarios