Abascal, disposto a pactar con Núñez Feijóo se necesita a Vox para gobernar

Pide ao PPdeG que se garanta a liberdade lingüística e se acabe ou "atenúe" a lexislación "progre"
 
Santiago Abascal, en el debate de investidura. JUAN CARLOS HIDALGO
photo_camera Santiago Abascal, en el debate de investidura. JUAN CARLOS HIDALGO

O presidente de Vox, Santiago Abascal, mostrouse este martes disposto a chegar a un pacto postelectoral co líder do PP en Galicia, Alberto Núñez Feijóo, sempre que se garanta a liberdade lingüística e se acabe ou "atenúe" a lexislación "progre".

Abascal abriuse ao acordo con Feijóo nunha entrevista en esRadio, na que considerou practicamente imposible acordos co PP no País Vasco, porque "ultimamente deixou de ser un partido nacional".

O líder de Vox recriminou ao PP que caia nun discurso "moi encartado aos nacionalistas" en Galicia e o País Vasco e incidiu en que a responsabilidade da súa formación é "ter unha mensaxe en toda España".

No entanto, precisou que a relación co PP "non é irreversible" e depende do que defenda e asegurou a súa disposición a pactar con Feijóo tras o 5 de abril, aínda que o candidato á Xunta diga que non pactará con Vox.

Como condición, Vox pediría que se respecten "determinadas cousas", como a liberdade lingüística ou que "a lexislación progre que quere aplicar Feijóo sexa eliminada ou atenuada". "Non estamos a pór liñas vermellas nas nosas negociacións en ningún sitio, estamos a dicir cales son as cousas que nos importan, pero á hora da verdade non puxemos liñas vermellas", recalcou. Segundo incidiu, Vox é un partido "claro" e "contundente", pero "consciente da súa representación".

"Se Feijóo mantén a súa negativa a falar con Vox, o mellor é que se retire e deixe paso a outro compañeiro"

Abascal manifestou o seu afecto polo novo candidato do PP a lehendakari, Carlos Iturgaiz, do que dixo que "só ten un problema: que está no PP". Recalcou que os desexos de integración PP-Cs-Vox "non responden á realidade" e que se busca máis o apoio dos votantes do seu partido para crear unha "marca suaveciña" que facer unha oferta formal de alianza.

No entanto, dixo que poderían falar sobre a ilegalización dos partidos separatistas, a recuperación de competencias e de conter a inmigración ilegal. Mostrouse disposto así a deixar apartada nestas condicións a eliminación do Estado das Autonomías, que é "o programa de máximos de Vox".

E, aínda que Iturgaiz xa falou da posibilidade de ilegalizar Bildu, cre que o importante é saber "se o PP está nesa posición", porque cando estivo no Goberno "mirou para outro lado" e "non moveu un só dedo" nese sentido. "Que o empecen a dicir está ben, pero mostro o meu escepticismo", dixo Abascal, para quen ademais habería que "ir máis aló" e falar da ilegalización de todas as forzas separatistas.

Comentarios