Abel Caballero destaca o "aval científico total" á candidatura das Cíes

O alcalde de Vigo contrapuxo a candidatura promovida pola Xunta "co único fin de obstaculizar, dificultar e porlle trabas" á das Cíes en solitario

Illas Cíes
photo_camera Usuarios esperando en Vigo para embarcar cara as Cíes. AEP

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, valorou este venres o "aval científico total" á candidatura das Illas Cíes para a súa declaración como patrimonio da humanidade por parte da Unesco. Caballero dixo en rolda de prensa que a candidatura de Cíes, que promove o Concello de Vigo, fronte á da Xunta, que alberga a todo o Parque Nacional das Illas Atlánticas, viu reforzado o seu aval científico no VI Simposio internacional de Ciencias Mariñas que se celebra estes días na cidade.

Destacou de entre todas as intervencións a do investigador de Costa Rica Jorge Cortés, quen formou parte do comité científico da candidatura de Illa do Coco, que acabou logrando a consideración de patrimonio mundial.

Cortés valorou o "rigor científico" da candidatura das Cíes e expresou o seu convencemento de que serán designadas patrimonio por parte da Unesco.

Fronte ao aval de centos "de investigadores" que participan no Simposio de Ciencias Mariñas, Caballero contrapuxo a candidatura promovida pola Xunta "co único fin de obstaculizar, dificultar e porlle trabas" á das Cíes en solitario.

Indicou que en trece meses a Xunta "non fixo nada" nin obtivo "nin un só aval", e toda a súa actuación limitouse a un acto administrativo de rexistro da súa solicitude na lista indicativa da Unesco "co obxectivo de paralizar Cíes".

SEO/BirdLife alerta de que o plan reitor do Parque Nacional Illas Atlánticas rebaixa a protección de Ons
SEO/BirdLife alertou de que o Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUG) do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas expón unha rebaixa da protección dalgunhas zonas como a illa de Ons, o que permitiría a realización de actividades e usos que ameazan os valores ambientais da contorna, de modo que considera o plan "insuficiente" para garantir a conservación desta contorna.

Así, a ONG presentou alegacións ao PRUG do Parque Nacional co obxectivo de que sexan tidas en conta despois de 16 anos de atraso na protección deste espazo natural.

En concreto, alerta de que se debe modificar ou mellorar o cambio de nivel de protección da illa de Ons e de Sálvora, porque a proposta pretende reducir de Zona de Reserva Terrestre a Zona de Uso Restrinxido, o que permitiría realizar actividades que ata agora non están autorizadas.

Comentarios