viernes. 25.09.2020 |
El tiempo
viernes. 25.09.2020
El tiempo

Caballero vai a 'Sálvame' para felicitar a Carlota Corredera e dar publicidade a Vigo

Abel Caballero en 'Sálvame'. TELECINCO
Abel Caballero en 'Sálvame'. TELECINCO
"Es unha muller extraordinaria, querémoste", díxolle o alcalde no estudio a unha emocionada presentadora

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, plantouse este martes no estudio do exitoso programa de Telecinco Sálvame para felicitarlle o aniversario á presentadora e directora Carlota Corredera, natural da cidade olívica. Foi unha sorpresa orquestrada cos responsables do programa que incluso arrincou as bágoas a Corredera.

"¿Pero que fas aquí, alcalde? ¿Como che leou esta xente?", dixo. E Caballero, con máis táboas que ninguén nestas situacións, luciu como sempre. "Felicitarche no meu nome e o de toda a cidade. Es unha muller extraordinaria, querémoste". E acto seguido, aproveitou para promocionar Vigo.

 O alcalde anunciou no seu día que ía nomear á presentadora viguesa distinguida, aínda que polo confinamento non se materializou. E Corredora manifestou que lle fará moitísima ilusión recibir esa distinción. "Para min é tocar o ceo, porque non hai un recoñecemento máis bonito. Para min ese día será un dos días máis felices da miña vida", dixo, para a continuación engadir: "Non estarán persoas como o meu pai, que é quen me inculcou o viguismo".

Caballero vai a 'Sálvame' para felicitar a Carlota Corredera e dar...
comentarios