Aberto o prazo para optar ás 15 bolsas de formación en oficinas de turismo

A Xunta duplica a oferta de formación práctica nas oficinas de nbsp;A&Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo
Oficina de turismo de la Xunta en Pontevedra. ADP
photo_camera Unha da oficina de turismo da Xunta. ADP

O Diario Oficial de Galicia publica este luns as bases da nova convocatoria da oferta de formación práctica en atención e información turística para 2020, con 14 bolsas para traballar en oficinas de turismo e unha para desenvolver tarefas de investigación, tratamento e análise de datos estatísticos na Área de Estudos e Investigación Turística da Xunta.

En total, informou a Administración galega, serán 15 bolsas, o que supón seis máis que na anterior convocatoria. Isto suporá que, no marco do Xacobeo 21, a Xunta "duplicará" o próximo ano a formación práctica nas oficinas da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, e que ofrecerá unha bolsa máis en Santiago.

O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2020 e 2021 e os interesados poderán acceder a catro bolsas para realizar prácticas tuteladas en Santiago de Compostela, unha na oficina de turismo de Mazarelos, dous na oficina internacional de acollida ao peregrino e unha no aeroporto de Santiago.

Tamén haberá dúas bolsas para a oficina turística da Xunta na Coruña, para a de Lugo, para a de Ourense, para a de Pontevedra e para a de Vigo. En todos os casos, terán unha duración mínima de cinco meses, cunha incorporación prevista en maio de 2020.

Xunto a estas bolsas, a convocatoria permitirá acceder a un posto de formación na Área de Estudos en Investigación de Turismo de Galicia. Neste caso, a duración será dun ano.

Comentarios