Achado un cadáver no río Miño, en Toén

O corpo foi localizado por un grupo de pescadores

Un grupo de pescadores atopou este xoves o cadáver dunha persoa no río Miño, á altura do municipio de Toén. O achado produciuse ao redor das 21.00 horas, no lugar de Feá.

Ata a zona desprazáronse efectivos de Protección Civil e da Garda Civil. 

O corpo, en avanzado estado de descomposición, foi trasladado ao CHUO, onde se lle practicará a autopsia.