martes. 26.10.2021 |
El tiempo
martes. 26.10.2021
El tiempo

Achan o cadáver dun veciño de Fene que levaba varios días morto na súa casa

es noticia Galiciaé
Os seus familiares levaba varios días sen saber nada del

Axentes da Garda Civil localizaron sobre a medianoite deste mércores ao xoves o corpo sen vida dun home no interior dunha vivenda do barrio de San Valentín, no municipio de Fene.

Foron uns familiares os que denunciaron que levaban varios días sen saber nada del, o que motivou a actuación dos efectivos da Benemérita, que se atoparon no interior da vivenda, situada no bloque número 9 da Avenida do Mar, un corpo sen vida. Barallan que se trata do seu morador, R.P.F., de 69 anos de idade, confirmaron fontes consultadas. 

O corpo do home falecido foi trasladado ao Hospital Juan Cardona, no barrio de Caranza, en Ferrol, para poder practicarlle a autopsia e constatar que se trata do propietario da vivenda.

Achan o cadáver dun veciño de Fene que levaba varios días morto na...