Achan morta unha muller na praia de Sada

Un home atopouna na auga e levouna á beira
Praia de Sada. GOOGLE MAPS
photo_camera Praia de Sada. GOOGLE MAPS

O corpo sen vida dunha muller foi recuperado este sábado na praia de Sada por un home que a localizou no mar e levouna á beira, informou a Efe o 112 Galicia.

Os feitos ocorreron pasados uns minutos das 15:15 horas desta tarde, cando un alertante chamou ao servizo de Urxencias para indicar que unha muller estaba boca abaixo na auga.

Relataba que un home a estaba sacando da auga e daba como punto de referencia a zona do areal situada fronte ao Concello.

Nese momento, o 112 Galicia pasou o aviso á Garda Civil, á Policía Local e a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que só puideron certificar a súa morte.

Foron avisados así mesmo Salvamento Marítimo e o servizo de Gardacostas.