Aconsellan non beber auga da traída en Corme tras un brote de gastroenterite con 27 afectados

O Concello repartiu auga embotellada e sumarase un segundo médico á PAC ► As primeiras análises sinalan, no entanto, que é potable
La OCU quiere que sea obligatorio ofrecer agua del grifo gratis en los bares. EP
photo_camera Unha billa de auga da traída. AEP

O Concello de Ponteceso (A Coruña) aconsella á poboación que por precaución se absteña de beber auga da traída en Corme tras detectarse un brote de gastroenterite que afecta a 27 persoas na localidade. Así o transmitiu "seguindo as indicacións do servizo de Sanidade Ambiental da Xunta", segundo informou o goberno local.

O Concello, ante o brote, ordenou "de forma preventiva" a realización dunha "nova analítica e a publicación das anteriores". "O Concello de Ponteceso traballa en coordinación co servizo de Sanidade Ambiental da Xunta para tratar de determinar a causa do episodio e, ante a posibilidade de que se trate dunha intoxicación por norvirus, aconséllase non consumir a auga da rede de abastecemento", detalla.

REPARTO DE AUGA. Un operativo coordinado polo concelleiro de seguridade, Faustino Santiago, e do que formaron parte varios membros da corporación, entre eles o alcalde, Xosé Lois García Carballido, encargouse da repartición de auga embotellada aos veciños como medida preventiva. 

Tras o reparto, o alcalde dirixiuse ao Punto de Atención Continuada (PAC), onde na xornada deste luns foron atendidas 30 persoas polo mesmo motivo e "houbo colas na sala de espera", segundo apuntaron as mesmas fontes municipais. O rexedor púxose en contacto coa xerencia sanitaria da área para reclamar un segundo médico, que o Sergas confirmou que terían.

As ANÁLISES DIN QUE É POTABLE

No entanto, todos os parámetros analizados en diversas probas realizadas á auga de Corme conclúen que é potable, á espera da analítica por norovirus que previsiblemente será pública o venres, informan a Efe fontes municipais.

Comentarios